Benvido/a a Action! Eso 2 Descrición do curso


download 4.96 Mb.
jenengBenvido/a a Action! Eso 2 Descrición do curso
Kaca1/44
KoleksiDokumen
c.kabeh-ngerti.com > Crita > Dokumen
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   44
Nome do Centro: (*) _______________________________________________

Área de Inglés Curso escolar 20_ _ /_ _

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
Xefe/a de Departamento: (*) ___________________________________
ÍNDICE DOS CONTIDOS


Action! ESO 2


1. Contextualización (*)
2. Introdución e metodoloxía
3. Competencias clave

a) As competencias clave e a súa descrición

b) Rúbrica de avaliación por competencias clave

4. Obxectivos da ESO
5. Contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe avaliábeis en relación cos obxectivos e as competencias clave, e indicación do Grao Mínimo de consecución para superar a materia
6. Rúbrica de avaliación por estándares de aprendizaxe

7. Elementos transversais

8. Secuenciación das unidades didácticas

a) Obxectivos

b) Contidos didácticos

c) Competencias clave

d) Temas interdisciplinares
9. Atención á diversidade
10. Avaliación e promoción

a) Procedementos e sistemas de avaliación

b) Criterios de promoción (*)
11. Actividades complementarias e extraescolares (*)
12. Outros materiais e recursos didácticos (*)


(*) Puntos que vostede debe completar cos datos necesarios.

1. Contextualización (*)


a) Variábel sociocultural (*)

- O barrio amplo

- O contorno próximo
b) Características do centro (*)

- Localización

- Funcionalidade

- Integración

- O alumnado
c) Variábel idade (*)
d) Composición do departamento didáctico (*)
e) Número de grupos (*)
f) Reunións de departamento (*)
2. Introdución e metodoloxía

Benvido/a a Action! ESO 2

    1. Descrición do curso


Burlington Action! ESO 2 motivará aos alumnos/as a aprender inglés subministrándolles as capacidades que necesitan para acadar unha auténtica competencia comunicativa. É un método ben estruturado e de emprego sinxelo que lles facilitará a adquisición das competencias clave recollidas na LOMCE. Está enfocado ao desenvolvemento das destrezas de vocabulario, gramática, lectura e estratexias de comunicación. O método ofrece numerosas ocasionóns para que amplíen os seus coñecementos sobre temas socioculturais e interdisciplinares e tamén inclúe exercicios adicionais para os alumnos/as que acaban antes, para os que posúen un maior nivel de coñecementos e para as clases que necesitan atender á diversidade. Action! ESO 2 é compatíbel cos niveis A1/A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
No proceso de aprendizaxe dunha lingua estranxeira, aos alumnos/as preséntanselles numerosas oportunidades para desenvolver as súas competencias clave en diversas áreas. Action! ESO 2 facilita a adquisición das competencias clave tales como a competencia para aprender a aprender, competencia dixital, sentido de iniciativa e espírito emprendedor, e conciencia e expresións culturais.
O Workbook de Action! ESO 2 inclúe unha sección de consulta de vocabulario Vocabulary Reference cun glosario bilingüe que contén o vocabulario e linguaxe funcional de cada unidade, unha sección Language Resource cun apéndice gramatical cuxas explicacións están en galego e os exemplos nos dous idiomas e cunha lista de verbos irregulares, unha sección Writing Resource cunha guía de escritura e páxinas para que practiquen a expresión escrita, unha sección My Portfolio con tarefas para o postfolio e proxectos, e unha sección Learning Competences con táboas para que os alumnos se autoavalíen. Tamén inclúe unha sección a toda cor chamada Language Builder para que traballen e consoliden de maneira divertida o vocabulario presentado no Student’s Book.
Con este método preséntase un novo recurso lingüístico chamado Action! Interactive, que inclúe diversas ferramentas interactivas para axudar aos alumnos/as na súa aprendizaxe: Interactive Wordlist, cun glosario interactivo, exercicios para practicar a ortografía e actividades de vocabulario; Interactive Grammar, que contén exercicios gramaticais con autocorrección; Dialogue Builders, desde onde se practica a linguaxe funcional mediante diálogos; e Techno Help, que ofrece axuda e recursos para realizar as actividades Techno Option. A través do sistema de xestión da aprendizaxe (LMS), o profesor/a pode levar un seguimento do traballo realizado por cada alumno/a en Action! Interactive. Ademais, na páxina web de Burlington Books (www.burlingtonbooks.es/action2) os alumnos/as atoparán o apartado Student's Zone onde se atopan as gravacións en formato mp3 dos textos do Student’s Book, así como os ditados do Workbook.
Ao profesores/as, Action! ESO 2 ofrécelles o Teacher’s Manual (que contén as páxinas do Student’s Book intercaladas), con ampla información sociocultural e interdisciplinar; o Teacher’s All-in-One Pack con material adicional fotocopiábel para atender os diferentes niveis de capacidade dos alumnos/as; os Digital Teacher's Resources, incluídos na Teacher's Zone de www.burlingtonbooks.es, onde se ofrece unha ampla variedade de recursos dixitais: Interactive Whiteboard Digital Materials coas versións interactivas do Student's Book, o Workbook e o Language Builder; Test Factory and Other Editable Resources, Burlington ESO Grammar Factory e Burlington ESO Culture Bank. As novas funcións da pizarra branca interactiva son: animacións gramaticais (Grammar Animations), listas de palabras traducidas ao galego que se poden escoitar e seleccionar para xerar ditados (Wordlists and Dictations), presentacións de diapositivas sobre temas culturais e de diferentes áreas curriculares (Slideshows), xogos para facer en equipo (Team Games) e actividades con fichas (Flashcard Activities).
Action! ESO 2 é un curso claramente estruturado que se centra no desenvolvemento das competencias lingüísticas produtivas para unha comunicación efectiva. Achega o mundo real á aula da ESO para que os alumnos/as reflexionen, non deixen de estar motivados e se expresen en inglés de maneira sinxela e natural.

Compoñentes do curso

Para o estudante:

Student’s Book

• Unha unidade introdutoria para repasar o vocabulario, a gramática e a linguaxe de clase básicas.

• Nove unidades didácticas claramente estruturadas.

• Tres seccións de repaso con exercicios de vocabulario e gramática e un proxecto que inclúe a tarefa Techno Option.

• Contido cultural e interdisciplinar integrado na unidade.

• Énfase na aprendizaxe de vocabulario e a súa constante reciclaxe.

• Exercicios de comprensión e expresión orais frecuentes baseados na comunicación real.

• Contidos estruturados para a expresión escrita.

• Tarefas Action! frecuentes para realizar individualmente, en parella ou en equipo.

• Seciión Time Out! con divertidos xogos e actividades.

• Unha revista cultural e interdisciplinar enteiramente opcional (Culture Magazine).

• Un apéndice de ortografía.

• Un apéndice de pronuncia con exercicios adicionais (Pronunciation Appendix).

• Un apéndice para traballar en parellas (Pairwork Appendix).

• Listaxe de verbos irregulares.
Workbook

• Unha unidade de introdución e nove unidades con exercicios graduados de vocabulario e gramática, textos de lectura, diálogos para completar, corrección de erros, práctica adicional de escritura, Check Your Progress con corrección de erros e exercicios de ditado e Self-Evaluation.

• Un glosario e unha lista de linguaxe funcional coa súa transcrición fonética e traducidos ao galego.

• Un apéndice gramatical coas explicacións en galego e exemplos bilingües, acompañado de exercicios e clave de respostas.

• Unha listaxe de verbos irregulares traducidos ao galego.

• Unha guía de escritura con pautas paso a paso que farán máis doada a autocorrección.

Páxinas Writing Plan para completar cos exercicios de expresión escrita propostos o Student´s Book.

• Páxinas Project Plan e máis tarefas para a elaboración do portfolio.

• Cadros de autoavaliación do/a estudante na sección Learning Competences.
Language Builder (combinado co Workbook)

• Vocabulario e linguaxe funcional clasificado por temas.

• Divertidas actividades para revisar e consolidar o vocabulario.
Action! Interactive

Interactive Wordlist: glosario interactivo, exercicios para practicar a ortografía e actividades de vocabulario.

Interactive Grammar: exercicios gramaticais con autocorrección.

Dialogue Builders: práctica da linguaxe funcional mediante diálogos.

Techno Help: axuda e recursos para realizar as actividades Techno Option.
Páxina web de Action! ESO 2 – Student’s Zone

Todas as gravacións dos textos do Student’s Book (incluídos os da Culture Magazine) e os ditados do Workbook en formato mp3.

Para o profesor/a:

Teacher’s Manual

• Unha presentación do curso e os seus compoñentes.

• Unha sección de avaliación.

• Directrices do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

• Notas didácticas claras, concisas e intercaladas coas páxinas do Student’s Book, onde se destacan sobre un fondo de cor as referencias a outros compoñentes do curso para facilitar a preparación das clases.

• As respostas aos exercicios do Student’s Book, o Workbook e o Language Builder.

• Información sociocultural e interdisciplinar sobre os temas que se tratan no Student’s Book.

• Actividades de reforzo e ampliación.

• Transcrición dos exercicios de comprensión oral.

• Actividades opcionais de comprensión oral.

• Cadros fotocopiábeis do Student’s Book para facilitar o traballo en clase (dispoñíbeis tamén na páxina web de Burlington Books: www.burlingtonbooks.es/action2).
Teacher’s All-in-One Pack

• Unha sección de exames (Tests) que consta de:

- Un exame de diagnóstico (Diagnostic Test) e follas de repaso (Revision Worksheets).

- Un exame por unidade (Unit Tests) con tres niveis de dificultade.

- Tres exames trimestrais (Term Tests) con dous niveis de dificultade.

- Dous exames finais (Final Tests).

- Un exame de comprensión oral (listening) e expresión oral (speaking) por unidade e trimestre, e outro final.

- Tres exames de competencias clave (Key Competences Tests).

- A clave de respostas.

• Unha sección de atención á diversidade que inclúe:

- Dúas follas fotocopiábeis por unidade con práctica adicional das estruturas gramaticais e do vocabulario (Extra Practice).

- Unha folla fotocopiábel por unidade para que amplíen os coñecementos adquiridos (Extension).

- A clave de respostas.

• Unha sección de actividades orais adicionais para realizar en parella (Extra Speaking) con clave de respostas.

• As gravacións de todos os exercicios de comprensión oral están dispoñíbeis na páxina web de Burlington Books (tamén en CD baixo pedido).

Recursos dixitais para o profesor/a (dispoñíbeis na Teacher's Zone de www.burlingtonbooks.es)

Interactive Whiteboard Materials, que inclúen as versións dixitais enteiramente interactivas do Student’s Book, o Workbook e o Language Builder para profesorado que traballa con pizarras interactivas ou que están nunha clase dixital 1x1.

• Sistema de xestión da aprendizaxe (LMS), para levar un seguimento do progreso dos alumnos/as de maneira interactiva.

Test Factory and Other Resources, con todo o material do Teacher’s All-in-One Pack en formato editábel.

Burlington ESO Grammar Factory, para xerar exames de práctica gramatical automaticamente ou para preparalos persoalmente.

Burlington ESO Culture Bank, con pantallas e preguntas culturais e interdisciplinares.

• Gravacións do Student's Book, o Workbook e o Teacher's All-in-One Pack (dispoñíbeis en CD baixo pedido).

• Clave de respostas do Workbook e o Language Builder, así como material fotocopiábel do Student's Book.
Novidades da Interactive Whiteboard:

Grammar Animation: animacións coas que se traballan de maneira divertida e visual as estruturas gramaticais, a orde das palabras e outros puntos gramaticais.

Wordlists and Dictations: listaxes de palabras traducidas ao galego que se poden escoitar e tamén seleccionar para xerar ditados.

Slideshows: presentacións de diapositivas sobre temas culturais.

Team Games: xogos para facer en equipo.

Flashcard Activities (só para ESO 1 e 2): actividades de vocabulario a través de fichas e gravacións para reforzar o vocabulario aprendido.

Everything English Video
• Nove capítulos filmados en Gran Bretaña para ampliar os seus coñecementos socioculturais, centrados na comprensión oral, a gramática e a linguaxe funcional.

Ensinar con Burlington Action! ESO 2

As nove unidades do Student’s Book preséntanse en seccións dúas páxinas. Cada unidade comeza coa presentación de vocabulario en contexto centrado nun grupo léxico e nun exercicio de expresión oral. O novo vocabulario aparecerá ao longo de toda a unidade, tanto en textos como en exercicios de gramática, de expresión oral e escrita e de compresión oral, o que ofrece diferentes ocasións para practicalo. Ademais, os exercicios STOP AND THINK!, enfocados á reciclaxe de vocabulario, a formación de palabras e outros aspectos relacionados co vocabulario, aparecen en cada unidade para garantir o repaso e o enriquecemento do vocabulario.
A continuación, hai un exercicio de expresión oral en forma de diálogo de substitución, no que se presenta claramente e se practica o vocabulario útil. Ao longo da unidade preséntanse outras ocasións para practicar a expresión oral. Hai dous textos por unidade interesantes e informativos, especialmente elixidos para motivar os alumnos/as e ampliar os seus coñecementos xerais. Os exercicios interdisciplinares e culturais están integrados nas propias unidades, o cal proporciona unha maneira natural de conectar a aprendizaxe do inglés co mundo real. Cada unidade tamén inclúe tarefas produtivas frecuentes (ACTION!) e unha enquisa á clase ou unha actividade para votar. A gramática preséntase en cadros explicativos completos e practícase en exercicios motivadores e en contextos concretos.
Na sección a dobre páxina English in ACTION! inclúense exercicios de comprensión oral para presentar a linguaxe funcional en contexto, actividades de expresión oral paso a paso para practicar empregando a linguaxe funcional dunha maneira auténtica e unha sección de expresión escrita coidadosamente estruturada e que ofrece a práctica de destrezas básicas para a escritura. As dificultades coa pronuncia saliéntanse ao longo da unidade e practícanse nun Pronunciation Appendix que hai ao final do libro.
Tamén hai tres seccións de repaso (Review) no Student’s Book. Estas inclúen exercicios do vocabulario e a gramática aprendidos nas tres unidades anteriores e mais un proxecto cunha tarefa Techno Option.
Ao final do Student’s Book atópase a sección Time Out!, que inclúe máis exercicios e xogos divertidos para practicar o inglés, e a Culture Magazine, unha revista cultural e interdisciplinar. Esta relaciona o inglés con outras materias do currículo escolar (Aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras, AICLE –ou CLIL en inglés–) e preséntalle ao alumno/a unha gran variedade de aspectos culturais dos países anglófonos e do mundo en xeral.
Por último, hai un apéndice de ortografía, un apéndice para traballar en parellas e unha listaxe de verbos irregulares que subministran a axuda adicional que o alumno/a precisa.
Outros compoñentes tamén son parte integral do método Action! ESO 2.

  • O libro “dous en un” Action! ESO 2 Workbook e Language Builder ofrece apoio práctico para acadar os obxectivos de cada unidade. Os exercicios do Workbook están graduados por nivel de dificultade (os de vocabulario e gramática teñen tres), comezando coas tarefas más doadas e avanzando cara ás máis complicadas. Foron coidadosamente elaborados para que os/as estudantes poidan repasar e consolidar os coñecementos e as destrezas que acaban de adquirir. Tamén se subministran exercicios de autoavaliación en cada unidade, que fan posíbel que os alumnos/as avalíen o seu propio progreso.
    Na sección Vocabulary Reference do Workbook hai un glosario con vocabulario organizado por orde alfabética e por unidade e con linguaxe funcional organizada por tema. Tamén hai unha sección Language Resource, que contén un apéndice gramatical e mais unha listaxe de verbos irregulares. A sección Writing Resource inclúe unha guía de escritura que presenta todos os procesos e estratexias de escritura que se ensinan ao longo do curso, e unhas páxinas Writing Plan para que os alumnos/as organicen os seus traballos escritos. A sección My Portfolio inclúe tres plans de proxecto para os proxectos do Student´s Book, e unha tarefa adicional por unidade para a elaboración do portfolio. A sección Learning Competences inclúe un informe para completar sobre a aprendizaxe e evolución dos alumnos/as así como uns cadros de autoavaliación.
    O Language Builder é unha sección a toda cor destinada a repasar o vocabulario e a linguaxe funcional aprendidas. Os alumnos/as elaboran listas bilingües de vocabulario e linguaxe funcional, organizadas por temas, e logo úsanas en divertidas actividades para revisar e consolidar o vocabulario.

  • O recurso Burlington Action! Interactive inclúe diversas seccións interactivas para axudar aos alumnos/as na aprendizaxe: Interactive Wordlist (glosario interactivo, práctica ortográfica e actividades de vocabulario), Interactive Grammar (exercicios de gramática con autocorrección), Dialogue Builders (práctica da linguaxe funcional mediante diálogos) e Techno Help (axuda e recursos para realizar as actividades Techno Option).

  • Os/As estudantes tamén dispoñen da Student's Zone na páxina web de Action! ESO 2, onde atoparán as gravacións en formato mp3 dos textos do Student’s Book, e dos exercicios de comprensión oral coas súas transcricións e dos ditados do Workbook.

  • O Teacher’s Manual, coas páxinas do Student’s Book intercaladas, inclúe claros apuntamentos didácticos coas referencias a outros compoñentes salientando sobre un fondo de cor para facilitar a preparación das clases. Para axudar ao profesor/a na avaliación inclúense varias follas fotocopiábeis que seguen as pautas do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (Common European Framework of Reference for Languages). Con elas poderán coñecer mellor o historial dos seus alumnos/as, os seus estilos de aprendizaxe e a súa actitude diante do inglés. Esta compoñente tamén contén moita información cultural e interdisciplinar sobre os temas tratados no Student’s Book e actividades extra opcionais que permiten tirar o máximo proveito ao material.

  • O Teacher’s All-in-One Pack subministra abondoso material fotocopiábel adicional adaptado aos distintos niveis de inglés dos alumnos/as. Contén exames con diferentes niveis de dificultade, tres follas de atención á diversidade por unidade, e actividades extra de expresión oral.

  • Para axudar aínda máis ao profesor/a, existe un revolucionario Burlington Action! Digital Teacher’s Resources, que inclúe: Interactive Whiteboard Materials, coas versións dixitais enteiramente interactivas do Student’s Book, o Workbook e o Language Builder para facilitar as clases e a corrección (véxanse as dúas seguintes páxinas desta programación); Test Factory and Other Resources, coa totalidade do material do Teacher’s All-in-One Pack en formato editábel; Burlington ESO Grammar Factory, para xerar exames de práctica gramatical automaticamente ou para preparalos persoalmente; e Burlington ESO Culture Bank, con materiais culturais especialmente adaptados ao nivel dos/as estudantes.

- O vídeo Everything English inclúe unha entretida historia en nove capítulos, ambientada no Reino Unido e de gran riqueza cultural, que se centra na comprensión e a expresión oral, o vocabulario e a linguaxe funcional. Acompáñano actividades de comprensión de contidos, práctica da linguaxe cotiá e actividades de expresión oral baseadas en exames.
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   44

Share ing jaringan sosial


Similar:

Stop Dreaming Start Action

Hollywood turns to British actors like Jason Statham and Christian Bale for action men

Matemáticas 1º eso. Tema 12

Materia de Inglés Curso escolar 20

A pesar de eso, ¡gracias! a todos ellos. H. K

Curso doctoral del Estado de Nayarit, México

Programación de aula – Educación para la Ciudadanía eso 2

Programación didáctica – Lengua Extranjera (Inglés) – ep cuarto Curso

C entro universitário do maranhão coordenaçÃo de direito curso de direito

Escaneado y corrección: Centurion, 13 julio 2002
«Emmanuel» -explicó Elijah Tate. Por eso lo escogió su madre. Murió en un accidente aéreo antes de que Manny naciera

Crita


Nalika Nyalin materi nyedhiyani link © 2000-2017
kontak
c.kabeh-ngerti.com
.. Home