Bloque o sentido relixioso do home


download 0.82 Mb.
jenengBloque o sentido relixioso do home
Kaca1/18
KoleksiDokumen
c.kabeh-ngerti.com > Crita > Dokumen
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   18


Relixión Católica 1EP rodeira
PROGRAMACIÓN DE AULA:

Programación das unidades didácticas
Unidade 1 Os meus amigos

Encadrada en:

Bloque 1. O sentido relixioso do home

Bloque 2. A revelación: Deus intervén na historia





    OBXECTIVOS EN TERMOS DE COMPETENCIAS

    • Descubrir e valorar a bondade de Deus en desexar o ben e a felicidade das persoas. (Sociais e cívicas)

    • Expresar oralmente vivencias propias cos seus amigos e comprender narracións de carácter testemuñal. (Comunicación

    • lingüística)

    • Identificar e interiorizar actitudes baseadas na mensaxe cristiá que promoven unha boa amizade: compartir, rir, xogar,

    axudar... (Sociais e cívicas)

    • Aprender a ser desde a interioridade e desenvolver o valor de perdoar (Sociais e cívicas)

    • Percibir e dar mostras de afecto polos amigos e amigas. (Sociais e cívicas)

    • Conversar entre todos e ser capaz de extraer conclusións comúns. (Aprender a aprender)

    • Valorar as consecuencias das propias accións. (Sentido de iniciativa e espírito emprendedor)

    • Participar de forma responsable en xogos e en actividades en grupo. (Aprender a aprender)


    ENSINANZAS TRANSVERSAIS

    Educación para a paz

    • Estima por aprender a compartir.

    • Valoración do perdón como base para a convivencia.

    Educación para a convivencia

    • Identificación das accións baseadas no amor: axudar, ensinar, compartir, facer rir.






CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

Conceptos

• Os amigos. Actitudes baseadas na mensaxe cristiá do amor: axudar, ensinar, compartir, facer rir, perdoar.

• Deu fálalles aos homes como amigos.

• Deus desexa o ben e a felicidade das persoas.

• A comunicación do home con Deus.

• As mostras de afecto cara aos amigos.
Procedementos

• Discriminación de actitudes á luz da mensaxe cristiá.

• Participación en xogos en grupo e interpretación de cancións.

• Análise das posibles consecuencias segundo a actuación ante o conflito (silencio e perdón).
Valores

• Estima da resolución do conflito por medio do perdón.

• Ilusión por aprender.

• Interese por amosar afecto e gratitude por recibilo.

    • Gratitude a Deus Pai pola súa bondade.

— Recoñecer e apreciar a relación paterno-filial entre Deus e o home: Deus é Pai e desexa o ben das persoas.

— Coñecer que a persoa é un ser capaz de falar con Deus.

— Valorar e respectar as relacións de amizade.

— Nomear actitudes baseadas no amor e que fomentan unha boa amizade.

— Diferenciar entre accións correctas e incorrectas relacionadas coa mensaxe de amor.

— Saber aplicar na propia vida os valores e virtudes que xorden das ensinanzas de Xesucristo.

— Amosar interese por coñecer mellor os amigos para aprender a coñecer máis e mellor a Xesús.

— Participar con gusto en cancións e xogos.

Relata coas súas palabras o amor do Pai Deus por todos nós.

— Recita frases sobre o amor de Deus; sobre como Deus desexa o ben e a felicidade das persoas.



    Coñece e valora que Deus lles fala a Abraham e a Moisés para ser o seu amigo.

— Explica as historias bíblicas de Abraham e de Moisés e a súa amizade con Deus.



    Coñece e aprecia a través de modelos bíblicos que o home é capaz de falar con Deus.


—Enumera accións que o Señor realiza para ser mellores fillos de Deus.

— Nomea actitudes baseadas no amor e na mensaxe de Xesús no perdón.
Cóntalles os demais compañeiros o que se fai no seu contorno próximo, como Xesús nos ensina.

— Explica como demostra o seu amor polos seus amigos con exemplos



ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE

• Describir as fotografías que presentan os contidos. Explicar, entre todos, o significado das palabras do vocabulario da unidade e formar frases.

• Realizar actividades de comprensión dunha experiencia persoal sobre a amizade dun dos protagonistas do libro.

• Observar unhas imaxes de nenos pasándoo ben xuntos e pegar un adhesivo nas actividades que máis lle gustan. Pedirlle ao compañeiro/a que pegue adhesivos doutra cor nas que lle gustan a el ou ela e fixarse ambos os dous nas afeccións que comparten.

• Pegar unha foto ou debuxarse e debuxar o seu mellor amigo. Escribir o nome de cada un.

• Rodear a escena dos amigos que comparten o xogo e riscar a escena na que non o fan.

• Recitar: «Os bos amigos comparten os seus xogos, a Deus gústalle.»

• Ler ou explicar as historias de Abraham e de Moisés e como Deus fala con elos para ser o seu amigo e prestarlles axuda.

• Dialogar sobre como os nenos das escenas se axudan, fanse rir, acompáñanse e co lorear o amigo ou amiga de cada escena. Contar experiencias de como demostra aos seus amigos que os quere.

• Cantar e xogar ao Pase misí dos amigos. Colorear a palabra amigos.

    • Recitar: «Deus ámanos e desexa que sexamos felices cos nosos amigos e amigas.»



Desde o meu interior aprendo a ser

• Observo. Observar unha escena na que se amosa unha pelexa entre dous amigos e dicir que sucede. Reflexionar e explicar como pode resolverse esa situación conflitiva. Colorear as frechas do camiño do perdón e repasar as vogais.

• Reflexiono. Debuxar unha boca triste ou unha boca riseira segundo o caso. Explicar outros casos nos que debemos perdoarnos como Xesús nos ensina.

• Actúo. Recitar: «Aprendemos a perdoarnos como Xesús nos ensina».



• Repasar as letras punteadas do recortable e pegar os pétalos con escenas de bos amigos na flor da amizade. Dobrar e pegar no saco de follas secas o pétalo que non amosa uns bos amigos.

• Ler a frase que resume o contido da unidade e explicar con exemplos o significado.





OUTRAS ACTIVIDADES

AVALIACIÓN INICIAL

Grupo clase

• Presentación dos personaxes e da barca cantando todos xuntos a canción da barca Kyria.

• Falar dos novos amigos deste curso ou dos novos amigos que fixeron estas vacacións de verán.



MOTIVACIÓN

Grupo clase

• Convidar os alumnos a que canten a canción da barca Kyria e bailen ao ritmo da música.

• No encerado da aula escribir dúas columnas, nunha poñer os nomes dos personaxes e noutra, o significado, e os alumnos deberán vincular cada nome co seu significado.



COMPETENCIAS E INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

• Describir os compañeiros e compañeiras e así coñecerse mellor.

• Narrar as propias experiencias parecidas ás da protagonista do conto, nun clima de confianza.

• Escoitar unha canción todos xuntos en silencio. Aprender a letra e cantar todos xuntos coa pista do play-back.

• Utilizar a canción como recurso para preparar o final da clase.

• Convidar os alumnos a cantar na casa.

• Cantar e xogar entre todos.



COMPLEMENTARIAS

• Presentámonos: formar unha roda e xogar a pasar unha pelota. Dicir o nome cando se recibe a pelota e pasar o balón a outro compañeiro/a.

• Nunha folla dividida en dúas partes, debuxar nun lado os amigos de sempre e no outro lado, os novos amigos. Explicarlles ao mestre/a e aos compañeiros quen son os amigos de sempre, como se chaman, a que xogan habitualmente... Conversar sobre a que adoitan xogar no recreo e convidar os novos amigos a participar destes xogos.

• Os amigos e amigas subimos á barca: Entre todos, pintar con pintura a barca debuxada polo mestre/a nun papel de envolver. Debuxarse nunha lámina branca e pegala dentro da barca. Escribir no mural o título: «Todos os amigos e amigas subimos á barca».

• Os meus amigos e amigas: Traer da casa fotografías de amizades da infancia, das vacacións, dos familiares… Explicarlle á clase quen son eses amigos e amigas, onde os coñeceron, que actividades adoitan realizar xuntos... Pegar as fotografías no recuncho da clase titulado: «Os meus amigos».

• Xogo cos meus amigos e amigas no recreo: Debuxar nunha lámina os amigos con quen adoita xogar cada día no recreo.

• Os amigos e amigas do parque: Conversar entre todos sobre o parque máis próximo á escola ou á súa casa.

• Canción: Eu teño un amigo que me ama. Escoitar a letra da canción que propón o mestre/a. Conversar sobre a letra da canción. Cantar ou recitar a canción durante o transcurso da unidade.




ADAPTACIÓN CURRICULAR

Reforzo

• Debuxarse xunto ao seu amigo/a e escribir o seu nome.

• Colorear as actividades que realiza cos amigos.

Ampliación

• Elaborar un medallón para llo regalar a un amigo/a.


AVALIACIÓN

DA UNIDADE

DAS COMPETENCIAS / INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Ficha fotocopiable de avaliación

• Ordenar as palabras que indica o mestre/a e descubrir unha frase sobre a amizade.

• Colorear as imaxes que amosan o perdón.

• Repasar as letras punteadas do recortable e recortar os pétalos con escenas debuxadas.
Arquivo individual de actividades da UD

• Ler a frase que resume o contido da unidade.

• Explicar con exemplos o significado.

• Buscar nas páxinas da unidade didáctica debuxos ou fotos que reflictan a idea resumo e sinalala.

• Aprender entre todos a frase ou as frases do resumo.

• Expresar mediante xestos inventados o resumo da unidade.



• Conversar entre todos sobre o retrouso: «Planta unha semente de amizade para recoller un ramo de felicidade».

• Responder preguntas que nos axuden a comprender o retrouso.

• Debuxar e colorear unha situación que represente este retrouso.





ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA E DESENVOLVEMENTO DA EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA

Lectura

 Utilizar estratexias de comprensión lectora:

- Lectura silenciosa (autorregulación da comprensión).

- Tradución da linguaxe cotiá á linguaxe propia da área.

- Elaboración de síntese, esquemas, resumos breves ou detección da idea central (conciencia da propia comprensión).

 Ler comprensivamente os textos.

 Ler outros textos escritos, textos en soporte dixital, actividades interactivas… para obter información, aprender, divertirse ou comunicarse.
Expresión oral e escrita

 Expoñer de forma oral a formulación e o desenvolvemento na resolución das diversas actividades: presentación.

 Expresar as aprendizaxes axeitadamente, tanto de forma oral como de forma escrita, utilizando o vocabulario preciso.

• Dramatización, exposición oral e escrita de ideas, respostas, temas, diálogos, debates, presentación de persoas ou obxectos, argumentacións, incorporación da linguaxe non-verbal…



ACTIVIDADES TIC

Recursos dixitais na web

 Actividades interactivas da UD.




MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA



• Respectar as relacións de amizade.




CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

 Uso correcto dos conceptos e do vocabulario propio da área ao transmitir e solicitar información.

 Uso espontáneo ou en contextos cotiáns das aprendizaxes realizadas.

 Grao de elaboración persoal das ideas e das respostas.

 Grao de comprensión e de comunicación da información.

 Orde, limpeza e puntualidade na presentación de actividades: letra adecuada, expresión correcta e clara dos datos e dos procedementos seguidos, faltas de ortografía...

 Comportamento: respecto polos compañeiros, polos mestres e polo material; interese e motivación, atención ás explicacións, tenacidade, perseveranza, compañeirismo.

• Porcentaxe ou valoración de traballos individuais, probas, exercicios…

• Grao de participación nas súas intervencións, traballos en grupo, proxectos…

  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   18

Share ing jaringan sosial


Similar:

Projects: Halaman & Fitur/ Pages & Features (my home)

Home tel: (91) India, (11) Delhi, 2724-1490 mobile +91 98100 77914 and study +91 129- 404-4590

Naturaleza del signo lingüÍstico
«material» es sólo en este sentido y por oposición al otro término de la asociación, el concepto, ge­neralmente más abstracto

Amigo lector: Usted no está ante un comentario más de Apocalipsis,...

Sonhar a alegria do Natal!
«A alegria do Evangelho», sobre o anúncio do Evangelho no mundo atual (cf. Eg 157). E, nessa perspetiva, podíamos exprimir todo o...

Fuente: “Sentido y valor de una constitución escrita” en revista...

Terapi Autisme Home Terapi Autisme Terapi Perilaku Terapi Perilaku

Crita


Nalika Nyalin materi nyedhiyani link © 2000-2017
kontak
c.kabeh-ngerti.com
.. Home