Unidade didáctica 1: Os meus amigos


download 0.84 Mb.
jenengUnidade didáctica 1: Os meus amigos
Kaca1/18
KoleksiDokumen
c.kabeh-ngerti.com > Crita > Dokumen
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   18



Relixión Católica 1EP rodeira
PROGRAMACIÓN DE AULA:

P

rogramación das unidades didácticas

UNIDADE DIDÁCTICA 1: Os meus amigos





COMPETENCIAS BÁSICAS

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

CONTIDOS

CRITERIOS DE AVALIACIÓN


Comunicación lingüística

• Expresar oralmente as accións que se realizan cos amigos e amigas.
Social e cívica

• Percibir e dar mostras de afecto cara aos amigos e amigas.

• Decatarse de cando é necesario perdoar e pedir perdón.
Cultural e artística

• Participar con gusto en cancións e xogos.
Aprender a aprender

• Conversar entre todos e ser capaz de extraer conclusións comúns.
Autonomía e iniciativa persoal

• Interiorizar aquelas accións que promoven unha boa amizade.


• Recoñecer as accións que lle gusta compartir cos amigos.

• Aceptar e dar mostras de afecto aos amigos.

• Participar de forma responsable en xogos e en actividades en grupo.

• Identificar as accións que propician unha boa amizade: compartir, perdoar, rir, xogar, conversar...

• Descubrir as consecuencias das propias accións.

• Amosar predisposición a perdoar e a pedir perdón.


Conceptos

• A amizade.

• As afeccións que se comparten cos amigos.

• O amor fraternal.
Procedementos

• Comprensión dunha narración testemuñal.

• Expresión de gustos e preferencias.

• Discriminación de actitudes.

• Estima polas mostras de afecto cara aos amigos.

• Participación en xogos en grupo e interpretación de cancións.

• Silencio e análise das posibles consecuencias segundo a actuación ante o conflito.

• Identificación da resolución do conflito por medio do perdón.
Valores

• Ilusión por aprender.

• Interese por coñecer os amigos.

• Actitudes que fomentan a amizade.

• Valoración positiva das mostras de afecto.
Ensinanzas transversais

Educación para a paz

• Estima por aprender a compartir.

• Valoración do perdón como base para a convivencia.

Educación moral e cívica

• Identificación das accións baseadas no amor: axudar, ensinar, compartir, facer rir.


— Participar con gusto en cancións e xogos.

— Valorar e respectar as relacións de amizade.

— Nomear accións que fomentan unha boa amizade.

— Completar frases sobre a amizade.

— Diferenciar entre accións correctas e incorrectas relacionadas co comportamento cos amigos.



ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE



 Observar o debuxo duns amigos que xogan no parque e describir a escena entre todos.

 Observar as fotografías que presentan os contidos da unidade.

 Escoitar como o mestre/a le as palabras do vocabulario que se van traballar ao longo da unidade.

 Explicar, coa axuda dos compañeiros, o significado de cada unha das palabras e formar frases.

 Escoitar un relato sobre a amizade e seguilo nas escenas asociadas.

 Responder de forma oral preguntas de comprensión do conto.

 Colorear o camiño que leva os personaxes dun conto ata a barca na que xogan.

 Observar unhas imaxes sobre nenos xogando e dicir que actividades amosan. Pegar un gomet nas actividades que máis lle gustan. Pedirlle ao compañeiro/a que pegue gomets doutra cor nas que lle gustan a el ou a ela e fixarse os dous nas afeccións que comparten.

 Nomear os seus amigos e dicir que adoita facer con eles. Pegar unha foto súa ou debuxarse e debuxar o seu mellor amigo. Escribir os dous nomes.

 Describir oralmente as escenas sobre dous amigos que comparten e dous nenos que non o fan, rodear a escena dos amigos, riscar a dos que non o son e explicar por que.

 Observar os nenos das escenas onde se axudan, fanse rir, acompáñanse e dicir que ocorre en cada unha. Colorear o amigo ou amiga de cada escena. Contar como cada un lles demostra aos seus amigos que os quere (por exemplo: fágoos rir, axúdoos…).

 Aprender e cantar unha canción de roda mentres se xoga coma no Pase misí.

 Colorear as letras da palabra amigos.
Dimensión espiritual

Observo: Observar unha escena na que se amosa unha pelexa entre dous amigos e dicir que sucedeu.

Reflexiono: Explicar cales son as saídas a esa situación conflitiva. Colorear as frechas do camiño que leva á solución que pasa polo perdón e repasar as vogais.

Actúo: Debuxar unha boca triste ou unha boca riseira segundo o caso. Explicar outros casos nos que debemos pedir perdón.



OUTRAS ACTIVIDADES

AVALIACIÓN INICIAL


Grupo clase

 Presentación dos personaxes e da barca cantando todos xuntos a canción da barca Kyria.

 Falar dos novos amigos deste curso ou dos novos amigos que fixeron estas vacacións de verán.


MOTIVACIÓN


Grupo clase

 Convidar os alumnos a que reciten a canción da barca Kyria e bailen ao ritmo da música.

 No encerado da aula escribir dúas columnas, nunha poñer os nomes dos personaxes e noutra, o significado, e os alumnos deberán vincular cada nome co seu significado.


COMPETENCIAS BÁSICAS E INTELIXENCIAS MÚLTIPLES


 Describir os compañeiros e compañeiras e así coñecerse mellor.

 Narrar as propias experiencias parecidas ás da protagonista do conto, nun clima de confianza.

 Escoitar unha canción todos xuntos en silencio. Aprender a letra e cantar todos xuntos.

 Utilizar a canción como recurso para preparar o final da clase.

 Convidar os alumnos a cantar na casa.

 Cantar e xogar entre todos.


COMPLEMENTARIAS


Presentámonos: formar un roda e xogar a pasar unha pelota. Dicir o propio nome cando se recibe a pelota e volverlla pasar a outro compañeiro/a.

Amigos de sempre e novos amigos: Nunha folla dividida en dúas partes, debuxar nun lado aos amigos de sempre e no outro lado, aos novos amigos. Explicarlle ao mestre/a e aos compañeiros quen son os amigos de sempre, como se chaman, a que xogan habitualmente... Conversar sobre a que adoitan xogar no recreo e convidar os novos amigos a participar destes xogos.

Os amigos e amigas subimos á barca: Entre todos, pintar con pintura a barca debuxada polo mestre/a nun papel de envolver. Debuxarse nunha lámina branca e pegala dentro da barca. Escribir no mural o título: «Todos os amigos e amigas subimos á barca».

Os meus amigos e amigas: Traer da casa fotografías de amizades da infancia, das vacacións, dos familiares… Explicarlle á clase quen son eses amigos e amigas, onde os coñeceron, que actividades adoitan realizar xuntos... Pegar as fotografías no recuncho da clase titulado: «Os meus amigos».

Xogo cos meus amigos e amigas no patio: Debuxar nunha lámina os amigos con quen adoita xogar cada día no patio.

Os amigos e amigas do parque. Conversar entre todos sobre o parque máis próximo á escola ou á súa casa.

Canción: Eu teño un amigo que me ama. Escoitar a letra da canción que propón o mestre/a. Conversar sobre a letra da canción. Cantar ou recitar a canción durante o transcurso da unidade.


ATENCIÓN Á DIVERSIDADE


Reforzo

• Debuxarse xunto ao seu amigo/a e escribir o seu nome.

• Colorear as actividades que realiza cos amigos.
Ampliación

• Elaborar un medallón para regalarllo a un amigo/a.



AVALIACIÓN



DA UNIDADE


DAS COMPETENCIAS BÁSICAS / INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

• Ordenar as palabras que indica o mestre/a e descubrir unha frase sobre a amizade.

• Colorear as imaxes que mostran o perdón.

• Repasar as letras punteadas do recortable e recortar os pétalos con escenas debuxadas.

• Pegar os pétalos con escenas de bos amigos na flor da amizade.

• Dobrar e pegar no saco de follas secas o pétalo que non amosa uns bos amigos.

 Ler a frase que resume o contido da unidade.

 Explicar con exemplos o significado.

 Buscar nas páxinas da unidade didáctica debuxos ou fotos que reflictan a idea resumo e sinalalas.

 Aprender entre todos a frase ou as frases do resumo.

 Expresar mediante xestos inventados o resumo da unidade.

• Retrouso da amizade. Conversar entre todos sobre o retrouso: «Planta unha semente de amizade para recoller un ramo de felicidade».

• Responder preguntas que nos axuden a comprender o retrouso.

• Debuxar e colorear unha situación que represente este retrouso.




ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA LECTURA E DESENVOLVEMENTO DA EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA

Lectura

 Utilizar estratexias de comprensión lectora:

- Lectura silenciosa (autorregulación da comprensión).

- Tradución da linguaxe cotiá á linguaxe propia da área.

- Elaboración de síntese, esquemas, resumos breves ou detección da idea central (conciencia da propia comprensión).

 Ler comprensivamente os textos.

 Ler outros textos escritos, textos en soporte dixital, actividades interactivas… para obter información, aprender, divertirse ou comunicarse.
Expresión oral e escrita

 Expoñer de forma oral a formulación e o desenvolvemento na resolución das diversas actividades: presentación.

 Expresar as aprendizaxes axeitadamente, tanto de forma oral como de forma escrita, utilizando o vocabulario preciso.



Dramatización, exposición oral e escrita de ideas, respostas, temas, diálogos, debates, presentación de persoas ou obxectos, argumentacións, incorporación da linguaxe non-verbal…






ACTIVIDADES TIC



USB: Actividades interactivas da UD.




MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA



• Respectar as relacións de amizade.




CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

 Uso correcto dos conceptos e do vocabulario propio da área ao transmitir e solicitar información.

 Uso espontáneo ou en contextos cotiáns das aprendizaxes realizadas.

 Grao de elaboración persoal das ideas e das respostas.

 Grao de comprensión e de comunicación da información.

 Orde, limpeza e puntualidade na presentación de actividades: letra adecuada, expresión correcta e clara dos datos e dos procedementos seguidos, faltas de ortografía...

 Comportamento: respecto polos compañeiros, polos mestres e polo material; interese e motivación, atención ás explicacións, tenacidade, perseveranza, compañeirismo.

• Porcentaxe ou valoración de traballos individuais, probas, exercicios…

• Grao de participación nas súas intervencións, traballos en grupo, proxectos…

  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   18

Share ing jaringan sosial


Similar:

Fui roubada aos meus pais
«Coragem é procurar a verdade e dizê-la; é não ficar sujeito à lei da efémera mentira triunfante»

Programación didáctica de 1º Bachillerato: Historia del Mundo Contemporáneo

Programación didáctica – Lengua Extranjera (Inglés) – ep cuarto Curso

Gabriel garcía márquez doce cuentos peregrinos
«Eres el único que no puede irse», me dijo. Sólo entonces comprendí que morir es no estar nun­ca más con los amigos

Instituto de Educación Secundaria departamento: inglés asignatura:...

Kalki avatara de la nueva era de acuario primera edicióN – 1969 –...
«Mensajes de Navidad» va en forma progresiva coordinada, es didáctica y dialéctica, se da en forma pedagógica al estudiantado, capacitándolo...

Crita


Nalika Nyalin materi nyedhiyani link © 2000-2017
kontak
c.kabeh-ngerti.com
.. Home